terras de iria 2009

BASES XERAIS

Os Concellos de Padrón, Rois e Dodro, e a empresa Aluminios Cortizo SA patrocinan e convocan o XII Premio de pintura Terras de Iria, edición 2009 e con carácter anual, de acordo ás seguintes bases:

1.Participantes

Poderán concorrer ao certame todos os artistas interesados calquera que sexa a súa nacionalidade ou residencia, sen límite de idade.

2.Obra

Cada autor poderá concursar cunha soa obra de pintura, orixinal e inédita, entendéndose como tal aquela que sexa da súa exclusiva propiedade e que non fose exposta nin presentada con anterioridade a ningún outro certame ou concurso. Termo que se acreditará mediante declaración xurada no Boletín de recepción de obra.

3.Aspectos técnicos

Tanto o tema coma a técnica a utilizar serán de libre elección. As dimensións das obras non serán inferiores a 100 x 81 cm indistintamente nin superiores a 195 x 195 cm. En caso de enmarcado da obra, presentarase necesariamente cun listón ou salvacuadros cuxa anchura non supere os 3 cm visto de fronte. Non se admitirán obras protexidas con cristal, pero si con metacrilato ou material plástico irrompible.

4. Preselección

Os autores que desexen participar formalizarán unha Inscrición previa.

Para tramitar a solicitude de participación enviarase a seguinte documentación:
-Boletín de inscrición cuberto. Anexo ás bases ou de descarga na páxina web www.premioterrasdeiria.com
-Imaxe da obra en formato jpeg, jpg ou tiff. En resolución alta (300 ppp) xa que será a reprodución empregada para o catálogo no caso de ser obra seleccionada. Non se admitirán reproducións en papel fotográfico.

A devandita documentación remitirase ao enderezo de correo electrónico: info@premioterrasdeiria.com

En caso de envío por correo postal, o enderezo é o seguinte:
Premio de pintura Terras de Iria
Convento do Carme
Costanilla do Carme
15900 Padrón A Coruña
No sobre incluirase cd cos arquivos anteriormente citados ou cd coa imaxe da obra e boletín de incrispción en papel.

O prazo de recepción de solicitude de inscrición finaliza o 21 de abril do 2010. Entenderanse en prazo todas aquelas que ostenten cuño ata a data ou envío de correo electrónico ata o citado día.

5.Entrega de obra

Sobre a base da documentación recibida, o Xurado procederá á preselección das obras que optarán ao Premio. A organización notificará telefonicamente a súa decisión aos autores preseleccionados e solicitará o envío da obra. A entrega e recepción das obras realizarase no Convento do Carme. Costanilla do Carme. 15900 Padrón. A Coruña.

O prazo de admisión de obras indicarase na comunicación telefónica efectuada aos preseleccionados.

A obra entregarase asinada; ao dorso irá adherido o Boletín de recepción, anexo a estas Bases ou de descarga na páxina web.

Agás as obras directamente entregadas na dirección de recepción, as restantes serán enviadas por conta e risco dos seus autores, a portes pagados e con embalaxe reutilizable (de material ríxido) ou suficientemente sólido para que a súa posterior devolución asegure a súa integridade. A organización non se responsabiliza da deterioración das obras por embalaxe inadecuada. Os seguros que quixeran efectuarse serán por conta de cada un dos participantes. A organización poñerá o máximo celo no coidado das obras recibidas, pero declina toda responsabilidade por extravíos, danos, roubos ou calquera outro acto alleo á súa vontade que se poida producir durante o seu transporte, recepción, depósito, exhibición ou devolución.

6.Selección e premios

Unha vez pechada a recepción de obras, o Xurado seleccionará as obras finalistas nun número máximo de 35.

As obras seleccionadas serán obxecto dunha exposición no Convento do Carme dun mes de duración dende o día da inauguración (entre o 3 e o 18 de xuño do 2010).

Editarase catálogo coas fotografías das obras da mostra. Os autores participantes, polo mero feito de terse presentado, aceptan a cesión dos dereitos de explotación para a reprodución da obra no catálogo.

O fallo do xurado e a entrega de premios terá lugar o día da inauguración da exposición, entre o 3 e o 18 de xuño do 2010, en acto público e solemne.

Establécense tres premios, un de ámbito comarcal:
Primeiro premio: 8000 euros e impulsarase exposición individual durante o 2011 en lugar a determinar
Segundo premio: 3000 euros
Premio comarcal: 1000 euros

As obras premiadas quedarán en plena propiedade do Concello que corresponda en cada ano e o Convento do Carme, os cales se reservan todos os dereitos sobre estas, incluídos o de reprodución.

7.Xurado

O Xurado estará presidido polo Ilustrísimo Alcalde do Concello que corresponda en cada ano.

O Xurado será designado pola organización do Premio e estará composto por figuras de recoñecido prestixio no ámbito das artes plásticas.
O criterio de designación do Xurado integrará:
Representante centro de arte pública
Representante crítica de arte
Representante galerista
Representante artistas

Actuará como secretaria Dª Mónica Borrás Vigo (con voz e sen voto), coordinadora da organización do certame.

As decisións do Xurado serán por maioría e inapelables.

8.Devolución de obras

Os autores das obras non seleccionadas deberán retiralas a partir do día da inauguración da exposición; os autores das obras seleccionadas poderán facelo unha semana despois da clausura da exposición. En ambos os dous casos a retirada efectuarase achegando o correspondente resgardo, directamente ou por medio de persoa autorizada para o efecto por escrito fidedigna.

Se a obra foi entregada por axencia, será devolta a portes debidos á dirección que indique o Boletín de recepción ou, no seu caso, dirección da embalaxe de entrega e solicitada polo propio autor. Os gastos de recollida correrán a cargo do autor.

Unha vez transcorridos 3 meses a partir de que finalice o prazo de recollida, entenderase que as devanditas obras foron abandonadas polo autor, pasando automaticamente á propiedade e libre disposición da organización do Premio.

9.Incidencias

A presentación a este concurso leva consigo a autorización expresa á organización do certame para a reprodución e exhibición das obras seleccionadas, así como da imaxe e datos dos seus autores, tanto en soportes gráficos como audiovisuais e informáticos.

Todas as incidencias e reclamacións que puidesen presentarse serán resoltas polo xurado cuxo fallo será inapelable.

A participación neste certame implica a total aceptación das súas bases.

Para máis información:
www.premioterrasdeiria.com
Tel. coordinadora certame: +34 981 142674 / +34 687 139139
email: info@premioterrasdeiria.com


 

Os Concellos de Padrón, Rois y Dodro, e a empresa Aluminios Cortizo SA patrocinan e convocan o Premio de pintura Terras de Iria (antes Comarca do Sar), edición 2010

Aberto o prazo de inscrición previa ata o 21 de abril do 2010



© Premio de pintura Terras de Iria