terras de iria 2009

BOLETÍN DE INSCRICIÓN

Os autores que desexen participar deberán formalizar unha Inscrición previa.

Para tramitar a solicitude de participación enviarase a seguinte documentación:
-Boletín de inscrición cuberto. Anexo ás bases ou de descarga na páxina web (www.premioterrasdeiria.com).
-Imaxe da obra en formato jpeg, jpg ou tiff. En resolución alta (300 ppp) xa que será a reprodución empregada para o catálogo no caso de ser obra seleccionada. Non se admitirán reproducións en papel fotográfico.

A devandita documentación remitirase ao enderezo de correo electrónico: info@premioterrasdeiria.com

En caso de envío por correo postal, o enderezo é o seguinte:
Premio de pintura Terras de Iria
Convento do Carme
Costanilla do Carme
15900 Padrón A Coruña
No sobre incluirase cd cos arquivos anteriormente citados ou cd coa imaxe da obra e boletín de incrispción en papel.

O prazo de recepción de solicitude de inscrición finaliza o 21 de abril do 2010. Entenderanse en prazo todas aquelas que ostenten cuño ata a data ou envío de correo electrónico ata o citado día..

 


 

Os Concellos de Padrón, Rois y Dodro, e a empresa Aluminios Cortizo SA patrocinan e convocan o Premio de pintura Terras de Iria (antes Comarca do Sar), edición 2010

Aberto o prazo de inscrición previa ata o 21 de abril do 2010



© Premio de pintura Terras de Iria