terras de iria 2009

BOLETÍN DE RECEPCIÓN

Tras a reunión do xurado, con posterioridade ao 21 de abril do 2010, data límite de inscrición de participación, notificarase telefonicamente aos concursantes preseleccionados a decisión (só se avisará os artistas preseleccionados)

Os artistas preseleccionados enviarán a obra e se lles indicará o prazo de recepción. As características do envío de obra están recollidas nas bases. É importante sinalar o punto que indica embalaxe reutilizable. Se a organización estima que a obra non foi embalada correctamente para a súa reutilización, derivará a solución ao propio autor para que se faga cargo da súa retirada, ben pola súa propia conta, ou ben a empresa de transporte para a súa axeitada embalaxe.

Segundo indican as bases, xunto coa obra irá adherido o boletín de recepción, de descarga en formato word ou pdf. De facer entrega persoal no Convento do Carme, selaráselle unha copia desta como xustificante de entrega. De facer o envío a través de axencia de transporte, será o propio recibo da empresa o xustificante de entrega. En ambos os dous casos, sempre o boletín de recepción irá adherido na parte posterior da obra para a súa identificación.

Neste apartado irase publicando o desenvolvemento desta

Punto 5 das Bases:

5.Entrega de obra

Sobre a base da documentación recibida, o Xurado procederá á preselección das obras que optarán ao Premio. A organización notificará telefonicamente a súa decisión aos autores preseleccionados e solicitará o envío da obra. A entrega e recepción das obras realizarase no Convento do Carme. Costanilla do Carme. 15900 Padrón. A Coruña.

O prazo de admisión de obras indicarase na comunicación telefónica efectuada aos preseleccionados.

A obra entregarase asinada; ao dorso irá adherido o Boletín de recepción, anexo a estas Bases ou de descarga na páxina web.

Agás as obras directamente entregadas na dirección de recepción, as restantes serán enviadas por conta e risco dos seus autores, a portes pagados e con embalaxe reutilizable (de material ríxido) ou suficientemente sólido para que a súa posterior devolución asegure a súa integridade. A organización non se responsabiliza da deterioración das obras por embalaxe inadecuada. Os seguros que quixeran efectuarse serán por conta de cada un dos participantes. A organización poñerá o máximo celo no coidado das obras recibidas, pero declina toda responsabilidade por extravíos, danos, roubos ou calquera outro acto alleo á súa vontade que se poida producir durante o seu transporte, recepción, depósito, exhibición ou devolución.


 


Os Concellos de Padrón, Rois y Dodro, e a empresa Aluminios Cortizo SA patrocinan e convocan o Premio de pintura Terras de Iria (antes Comarca do Sar), edición 2010

Aberto o prazo de inscrición previa ata o 21 de abril do 2010


© Premio de pintura Terras de Iria